2. Os guións deberán estar escritos en lingua galega e terán unha extensión máxima de 5 cariñas dun folio A4, escritos en letra Times New Roman, tamaño 12 e cunhas marxes de 3 cm.
3. A temática é libre, pero deberá fomentar os contidos transversais e a educación en valores. Prestarase especial atención ás curtametraxes que teñan como temática a defensa e normalización da lingua galega. A historia deberá ser ambientada nun centro educativo, para poder realizar con máis facilidade a súa representación.
4. Os guións deberán enviarse ao seguinte enderezo: IES As Barxas, Rúa Fonte do Unicornio, 2. 36950-Moaña, Pontevedra.
No interior do sobre, onde se presentará o guión e o seu título, deberá aparecer outro máis pequeno, pechado, que conteña de novo o título da curtametraxe, os nomes do/s autor/es e o centro educativo de que provén.
Tamén deberá enviarse asinado o modelo de autorización para a difusión dos guións que atoparedes nos blogs de Normalización Lingüística do IES As Barxas: http://amullerlamprea.blogspot.com/p/modelo-de-autorizacion-para-difusion.html
5. A data límite de recepción de guións será o 15 de maio de 2012.Tamén deberá enviarse asinado o modelo de autorización para a difusión dos guións que atoparedes nos blogs de Normalización Lingüística do IES As Barxas: http://amullerlamprea.blogspot.com/p/modelo-de-autorizacion-para-difusion.html
6. O xurado estará composto por algúns representantes do profesorado, do alumnado e do persoal non docente do IES As Barxas.
7. Os guións premiados recibirán un detalle conmemorativo e poderán ser representados no vindeiro curso escolar, e difundidos na rede e nos blogs do centro IES As Barxas, constando na curtametraxe os datos do alumnado gañador e do seu centro.
Sem comentários:
Enviar um comentário